Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 1 de abril de 2013 Páx. 9508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Leiro (expediente IN407A 2013/12-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32890 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT Leiro III.

Situación: Leiro.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 422 m, con condutor RHZ1 e orixe na LMT ALB804 Cabanelas, 4 e remate no CT proxectado prefabricado Leiro III de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aerosubterránea de 1.250 m en aéreo con condutor RZ e 217 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT existente Leiro (32CW73).

– RBT aerosubterránea a 20 kV de 850 m en aéreo con condutor RZ e 18 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada co CT existente Leiro (32C018).

– RBT aérea a 20 kV de 860 m en aéreo con condutor RZ derivada do CT Leiro Norte (32AR25).

– RBT aerosubterránea a 20 kV de 590 m en aéreo con condutor RZ e 632 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado Leiro III.

Orzamento: 251.443,85 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notifiación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 27 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expte. nº IN407A 2013/12. Concello: Leiro. Provincia: Ourense.

LMTS, CT e RBT Leiro III.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Meixieiro

Monte baixo

Isabel Rodríguez Villar.

Gabino Bugallal, nº 55, 1º B, 32420 Leiro, Ourense.

CT

16.0