Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de vixilancia e seguridade para a vixilancia e protección dos bens mobles situados no Servizo de Gardacostas de Galicia, así como doutras dependencias, instalacións e equipamentos que a Consellería do Medio Rural e do Mar ten en Vilaxoán (Pontevedra) (expediente 40/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade para a vixilancia e protección dos bens mobles situados no Servizo de Gardacostas de Galicia, así como doutras dependencias, instalacións e equipamentos que a Consellería do Medio Rural e do Mar ten en Vilaxoán (Pontevedra).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18247

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 14, do 21 de xaneiro de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 269.421,48 euros, IVE excluído (incluídas posibles prórrogas).

Importe neto: 134.710,74 euros. Importe total licitación: 163.000,00 euros.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de febreiro de 2013.

b) Adxudicataria: Vigilancia Integrada, S.A.

c) Importe: 138.672,75 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 1.3.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica e tecnicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar