Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013011TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 28 de xaneiro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013011TA-LU, incoado a Joao Carlos Pereira Da Silva, titular do establecemento Bar Gardel.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Joao Carlos Pereira Da Silva, titular do establecemento Bar Gardel, o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial, no prazo de 15 días hábiles contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e obter, de ser o caso, copia, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbese tamén de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de marzo de 2013

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2013011TA-LU.

Denunciado: Joao Carlos Pereira Da Silva, titular do establecemento Bar Gardel.

NIE: X7391557R.

Último enderezo coñecido: rúa Diego Pazos, nº 102, 3º A, 27600 Sarria (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).