Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2012/72-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Frigoríficos Arcos, S.L.

Domicilio social: parque empresarial do Carballiño, parcela 38-39.

Denominación: LMT, CS e CT para nave (cámara de conxelados).

Situación: O Carballiño.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 35 m, con condutor RHZ1 e orixe na arqueta da LMT existente de Unión Fenosa Distribución, S.A., nas coordenadas X=578354,15, Y=4698961.32, e remate no centro de seccionamento e no CT proxectado en caseta de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 56.360,59 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 8 de xaneiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense