Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 8984

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de marzo de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 011 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

En virtude das ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril) convocáronse os procesos selectivos para o ingreso na categoría 011 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre.

Pola Orde do 8 de maio de 2008 (DOG número 92, do 14 de maio) elevouse a definitiva a proposta de aspirantes que os superaron.

Pola Orde do 15 de xullo de 2008 (DOG número 139, do 18 de xullo) procedeuse ao seu nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia e adxudicáronselles destinos provisionais.

Co obxecto de que o dito persoal poida tomar posesión dun destino definitivo, e segundo o disposto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso na categoría 011 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e de acceso libre convocados polas ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de febreiro de 2006 (DOG número 81, do 27 de abril), ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza o día 3 de abril de 2013, ás 12.00 horas.

Segundo. Os aspirantes convocados poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel. Os aspirantes que ingresaron pola quenda de promoción interna e cambio de categoría terán en todo caso preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes.

Terceiro. Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos aspirantes presentes ou representados, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. No caso de solicitar excedencia voluntaria por incompatibilidade deberán presentarse ao chamamento cun certificado do responsable da unidade de persoal en que conste que o interesado presta servizos na actualidade na Administración, ou ben documentación que o acredite, en documento orixinal ou fotocopia debidamente compulsada.

Sexto. Contra esta orde poderase interpor reclamación administrativa ante a Consellería de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Denominación

Cons.

Grupo/Categ.

Centro destino

Centro directivo

Concello

Formación

Observacións

1

MAC050000336001069

Auxiliar de laboratorio

MR

IV-011

Centro de Investigacións Ambientais de Lourizán

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Pontevedra

Complemento salarial de singularidade por penosidade. Complemento salarial de singularidade por toxicidade. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

2

MRC060010115010045

Auxiliar de laboratorio

MR

IV-011

Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Experiencia análises de investig., rel. ao solo, pastos, forraxes, parasitoloxía e repr.

Complemento salarial de singularidade por toxicidade. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

3

MRC060010115010068

4

MRC060010432400012

Auxiliar de laboratorio

MR

IV-011

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro-Ourense)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Leiro

Complemento salarial de singularidade por toxicidade. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

5

MRC060010432400013

6

MRC060010715010131

Auxiliar de laboratorio

MR

IV-011

Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia (Mabegondo, A Coruña)

Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

Abegondo

Complemento salarial de singularidade por toxicidade. Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

7

PEC994030136235055

Auxiliar de laboratorio

PE

IV-011

Instituto Galego de Formación en Acuicultura Illa de Arousa

Servizos periféricos

A Illa de Arousa

8

PEC994030136235056

Auxiliar de laboratorio

PE

IV-011

Instituto Galego de Formación en Acuicultura Illa de Arousa

Servizos periféricos

A Illa de Arousa

9

SAC991000627001035

Auxiliar de laboratorio

SA

IV-011

Servizo de Laboratorio de Saúde Pública (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

Complemento salarial de singularidade por perigosidade.

10

SAC991000627001041

Auxiliar de laboratorio

SA

IV-011

Servizo de Laboratorio de Saúde Pública (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

Complemento salarial de singularidade por perigosidade.