Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2013 Páx. 9011

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 (DOG núm. 224, do 23 de novembro), modificada pola Orde do 12 de decembro de 2011 (DOG núm. 239, do 16 de decembro), pola que se fai público o acordo adoptado por este.

En sesión que tivo lugar o 18 de marzo de 2013, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2011 (DOG núm. 224, do 23 de novembro), modificada pola Orde do 12 de decembro de 2011 (DOG núm. 239, do 16 de decembro ), convocados pola Orde do 27 de xullo de 2011 da Consellería de Facenda (DOG núm. 144, do 28 de xullo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Único. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio da fase de oposición para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, exentos da realización do cuarto exercicio da fase de oposición, por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4 da convocatoria.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, consonte o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

Gerardo Pallares Sánchez
Presidente do tribunal