Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8932

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación dun cemiterio.

A Asociación do Cemiterio de Olives solicitou nesta Alcaldía licenza municipal para a actividade de ampliación de cemiterio na A Igrexa, Pazos, Olives. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

A Estrada, 19 de febreiro de 2013

José C. López Campos
Alcalde presidente