Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de información pública sobre a licitación de subministración mediante arrendamento (renting) de dous vehículos para a Policía local.

Arrendamento (renting) de dous (2) vehículos para a Policía local.

Licitación correspondente á subministración mediante arrendamento (renting) de dous (2) vehículos para servizo de Policía local do Concello de Ames.

En cumprimento do acordo adoptado na Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria, con data do 21 de febreiro de 2013, e conforme o disposto no artigo 143 do TRLCSP anúnciase a licitación correspondente á subministración mediante arrendamento (renting) de dous vehículos para o servizo de Policía local do Concello de Ames.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ames.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Obtención da documentación e información:

Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodeames.org

d) Nº de expediente: subministración 1/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: é a contratación consistente na subministración en réxime de arrendamento (renting) de dous vehículos con destino á Policía local do Concello de Ames, conforme as exixencias e características técnicas establecidas no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ames.

d) Prazo de execución/entrega: fíxase un período de arrendamento de 48 meses. O prazo máximo de entrega é de 1 mes contado desde a formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Oferta económica: ata 15 puntos.

Melloras sobre as características técnicas e equipamento dos vehículos ofertados: ata 15 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

Importe: 83.520 euros, máis IVE para os catro anos de duración do contrato.

5. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 %.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: conforme o disposto nos pregos de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: conforme o disposto nos pregos de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) O prazo para presentar as ofertas será de 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no DOG e no perfil do contratante do Concello de Ames. Se o último día fose sábado ou festivo, ampliarase o prazo ata o seguinte día hábil.

b) Presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Ames, praza do Concello, nº 2, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén poderán enviarse por correo co cumprimento dos requisitos exixidos no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura de ofertas.

Finalizado o prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación, que terá lugar o día e a hora que sinale o presidente da mesa de contratación, na Casa do Concello. O día e a hora dos actos públicos de apertura de ofertas anunciarase no perfil do contratante do órgano de contratación.

Ames, 22 de febreiro de 2013

Santiago V. Amor Barreiro
Alcalde