Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 25 de marzo de 2013 Páx. 8861

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede a súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN315A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 78.8 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no artigo 22 da Orde do 28 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede a súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN315A), procédese por medio desta resolución á publicación do extracto das axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria ao abeiro da referida orde.

Deste xeito, cómpre sinalar, polo que atinxe ás axudas concedidas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2012, o seguinte:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 28 de xuño de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012 (código de procedemento IN315A)

b) Aplicación orzamentaria: 08.04.-734A.781.2.

c) Crédito orzamentario: ano 2012, 800.000,00 €.

d) Destinatarios: entidades sen fins lucrativos, cuxo obxecto estea relacionado coa minaría e desenvolvan a súa actividade no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Beneficiarios, importe e finalidade das axudas: no anexo á presente resolución recóllense os beneficiarios, o importe e a finalidade das axudas.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO
Subvencións concedidas

Beneficiario

NIF

Subvención concedida 2012 (euros)

Finalidade da subvención

Fundación Centro Tecnolóxico da Lousa

G-32256257

123.496,00

Clasificación de singularidades da lousa

Cámara Oficial Mineira de Galicia

Q-1570001-F

153.608,80

Fase 1: anteproxecto do plan sectorial de actividades extractivas de Galicia: análise, incidencia e diagnose do sector mineiro

Asociación Galega de Pizarristas

G-32016990

113.596,00

Difusión e promoción da sustentabilidade do sector da lousa

Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense

G-32297145

45.172,69

Guía audiovisual interactiva de boas prácticas en seguranza e saúde laboral no sector do granito

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

9.353,60

Entidade colaboradora da Administración en materia de po de sílice

Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense

G-32297145

14.320,00

Ferramenta interactiva de prescrición do granito ourensán

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

12.583,04

Informe nacional para VLA-ED de po

Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense

G-32297145

20.908,80

Mellora da seguranza e saúde laboral na minaría por medio de procedementos de traballo específicos para a industria extractiva e plantas de beneficio do sector do granito en Ourense

Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense

G-32297145

22.804,80

Pedra Verde

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

11.724,56

Optimización do uso de adhesivos comerciais para a fixación da pedra. Guía técnica aplicada

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

19.186,08

Guía técnica de deseño, construción e mantemento de pavimentos interiores de pedra natural

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

29.327,68

Marca de garantía para os materiais do sector do granito de Galicia

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

17.595,60

Estudo do manchado accidental da pedra natural no seu uso en exterior e interior

Asociación Galega de Áridos

G-36345718

17.850,00

Estudo das melloras técnicas dispoñibles para a minimización da exposición ao po nas explotacións de areas

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

13.178,88

Selo de calidade para o sector do granito de Galicia

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

11.271,36

Declaracións ambientais de produtos da construción de granito

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G-36346203

13.238,03

Desenvolvemento de alternativas aos métodos de ensaio para determinar o grao de esvaramento

Asociación Galega de Áridos

G-36345718

18.530,00

Participación no Congreso Nacional de Áridos 2012

Asociación Galega de Áridos

G-36345718

17.216,00

Análise para a ordenación, planificación e mellora competitiva das actividades relacionadas coa minaría de areas de Galicia

Asociación Clúster do Granito de Galicia

G-36644961

72.103,12

Plan de promoción e comunicación

Asociación Clúster del Agua Mineral y Termal de Galicia

G-70311568

42.934,96

Aplicacións perímetros de protección de augas minerais