Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8830

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación inicial da addenda número 9 ao inventario de camiños municipais.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria do 14 de xaneiro de 2013, aprobou inicialmente a addenda nº 9 ao inventario de camiños mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1. Aprobar inicialmente a addenda nº 9 ao inventario de camiños municipais co seguinte contido:

– Inclusión do camiño nº 5111 en Chenlo-Parada.

– Eliminación de parte do trazado do camiño nº 1341 en Atios-Vacaría».

O que se fai público para o xeral coñecemento para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que xulguen convenientes no prazo de trinta (30) días, en cumprimento do estipulado pola lexislación vixente.

O Porriño, 20 de febreiro de 2013

Marcelino Coto Troncoso
Concelleiro delegado