Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8828

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de licitación para a contratación do servizo de bar-restaurante na praia de Portocelo.

1. Entidade contratante.

Organismo: Concello de Marín. O expediente foi aprobado e a licitación iniciouse mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 21 de febreiro de 2013.

Dependencia que tramita el expediente: Secretaría Xeral.

Expediente: 303/12.

Obtención de documentación: Servizo de Secretaría, avenida de Ourense, s/n, Marín (Pontevedra), teléfono: 986 88 03 00, fax: 986 88 20 13, enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellodemarin.es

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato administrativo especial do servizo de bar-restaurante na praia de Portocelo.

Obxecto do contrato: a prestación do servizo de bar-restaurante nun equipamento público de titularidade municipal destinado o uso xeral sito na praia de Portocelo.

CPV: 55300000-3 e 55330000-2 ou similares.

4. Canon mínimo: 200,00 €, mensuais máis IVE (21 %).

5. Duración: dous (2) anos, prorrogables ano a ano ata un máximo de catro.

6. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con varios criterios de valoración.

Criterios de adxudicación: 1. Canon: ata 60 puntos. 2. Memoria de desenvolvemento do servizo: ata 40 puntos.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: solvencia económica e financeira. Declaración apropiada de entidades financeiras. Tratándose de persoas xurídicas, ademais do medio anterior poderán acreditar a solvencia mediante a presentación das contas anuais ou extracto delas (ver cláusula 11.4º do prego). Solvencia técnica e profesional: traballos realizados no sector da hostalaría cunha duración ininterrompida de doce meses, ser titular dun establecemento hostaleiro ou contar con titulación oficial no sector da hostalaría (ver cláusula 11.5 do prego).

Outros requisitos específicos: capacidade de obrar; non prohibición para contratar; non estar incurso en incompatibilidades; cumprimento das obrigas coa Seguridade Social; cumprimento coas obrigas tributarias. Para as empresas estranxeiras, declaración de sometemento á lexislación española.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: vinte e seis (26) días hábiles contados desde o día seguinte ao da derradeira publicación (DOG, BOP ou perfil do contratante), finalizando ás 14.00 horas do último día de prazo. Se o último día do prazo para presentar proposicións é inhábil, enténdese prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Marín, avenida de Ourense, s/n, Marín, das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas.

9. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario ata o límite de 1.000,00 €.

Marín, 22 de febreiro de 2013

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa