Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8820

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de modificación do acordo plenario do 17 de xaneiro de 2013, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial dos sectores SURPP B1 e B2.

De conformidade co disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro (Louga), faise público para xeral coñecemento que o Pleno desta Corporación municipal, na sesión extraordinaria realizada o 8 de marzo de 2013, acordou modificar o acordo de aprobación definitiva da modificación puntual do proxecto do Plan parcial dos sectores de solo urbanizable público programado B1 e B2 adoptado polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria do 17 de xaneiro de 2013, incorporando ao expediente o informe favorable emitido pola Comisión Superior de Urbanismo de Galicia na sesión do 6 de marzo de 2013.

Tamén se adoptou na mesma sesión extraordinaria o acordo de corrixir o erro material detectado na xustificación do cumprimento dos estándares legais en canto a prazas de aparcamento, modificando neste sentido o número 7.3.1.3 da memoria.

Contra este acordo, que pón fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo dispón o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou utilizar calquera outro recurso que se considere oportuno.

Deste acordo de aprobación definitiva daráselle traslado á Xunta de Galicia nos termos previstos no artigo 92.3 da Louga.

Boiro, 14 de marzo de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde