Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8832

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO de aceptación da ampliación da delegación de competencias tributarias do Concello de Ordes relacionadas coa recadación voluntaria e executiva da taxa pola entrada de vehículos e pasaxes permanentes.

O Pleno desta Corporación, na sesión ordinaria celebrada o 23 de novembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«18. Aceptar a ampliación da delegación de competencias tributarias do Concello de Ordes relacionadas coa recadación voluntaria e executiva da taxa pola entrada de vehículos e pasaxes permanentes.

Aceptar a ampliación das competencias delegadas en materia tributaria acordada polo Concello de Ordes en relación coa seguinte materia:

• Recadación voluntaria e executiva da taxa pola entrada de vehículos e pasaxes permanentes.

O exercicio das competencias delegadas obxecto de aceptación levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación dos servizos tributarios aos concellos da provincia e terá efectos desde o día en que se publique este acordo no Boletín Oficial da provincia conforme o establecido no artigo 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

María Padín Fernández José Luis Almau Supervía
O presidente/PDFR 5.8.2011/ Secretario da Deputación
A vicepresidenta Provincial da Coruña