Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8738

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión mixta do convenio colectivo de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2012.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2012, que subscribiu a comisión mixta do convenio colectivo de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A. (código nº 82000512011999) relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2012 na reunión celebrada o 1 de febreiro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, de 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Traballo e Economía Social,

ACORDA:

Primeiro. Ordear o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Aprobación das táboas salariais e dos importes de complemento nocturno
e de complemento de festivo definitivos do exercicio 2012

En virtude da redacción dos artigos 6, 21 e 24 do Convenio colectivo de ámbito interprovincial de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria de la Xunta de Galicia, S.A., 2011-2014 (A-15508856), código de convenio núm. 82000512011999 (en diante, o convenio), recoñecéndose mutuamente capacidade e lexitimación suficiente, as partes que más abaixo se relacionan deciden aprobar por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro. Unha vez publicado polo Instituto Nacional de Estatística o Índice de Prezos de Consumo (IPC) establecido en 31 de decembro de 2012 (2,9 %) e en aplicación do previsto nos artigos 21, letra b), e 25, procédese á actualización dos importes que configuran as táboas salariais, de complemento nocturno e de complemento de festivos vixentes con efectos desde o 1 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2012. A dita actualización será do 2,76 % e correspóndese co 95 % do IPC do ano 2012 e será de aplicación a todos e cada un dos traballadores de Autoestradas de Galicia, S.A., de acordo co previsto no artigo 2 do convenio, e estarán constituídos polos conceptos, valores e importes que a continuación se relacionan:

ANEXO 3

Táboas salariais do convenio colectivo 2012

Grupo
profesional

Nivel
retributivo

Salario
base

Complemento de traballo a quendas

Complemento
de transporte

Complemento
de vehículo

Quebrantamento
de moeda

Cómputo anual

Grupo segundo

A

16.150,86

0

1.548,57

0

0

17.699,43

Grupo segundo

B

14.446,12

0

1.548,57

0

0

15.994,70

Grupo terceiro

A

11.307,95

1.443,96

1.283,96

73,98

1.283,96

15.393,80

A seguir preséntase unha táboa de correspondencia entre as antigas categorías profesionais e os novos niveis que se lles asigna a cada unha delas dentro do grupo profesional no que se integran:

Grupo profesional

Nivel retributivo

Antiga categoría

Grupo segundo

A

Oficial 1º

Grupo segundo

B

Aux. administrativo

Grupo terceiro

A

Cobrador peaxe

ANEXO 4

Valor de complemento nocturno

(importe bruto en euros ano 2012)

Importe complemento hora nocturna ano 2011

(por cada hora efectiva en xornada das 22.00 ás 6.00)

1,70 €

Valor de complemento de domingos ou festivos

(importe bruto en euros ano 2012)

Importe complemento día ano 2011

(por cada hora efectiva en cabina en domingo ou festivo)

0,36 €

Valor da axuda á maternidade e educación preescolar

(importe bruto en euros anos 2012-2014)

Importe axuda maternidade e educación preescolar

(devindicación mensual)

65,00 €

Valor de hora extra

(importe bruto en euros ano 2012)

Importe hora extra

17,42 €

Artigo 3

En aplicación do artigo 25 do convenio, a liquidación de atrasos correspondentes ao exercicio 2012 deberán ser aboados nunha soa paga, durante o primeiro trimestre do exercicio inmediatamente posterior ao de revisión salarial, isto é, antes do 31 de marzo de 2013.

Disposición derradeira

En aplicación do Real decreto 1040/1981, artigo 2, letra e), acórdase apoderar o secretario da comisión mixta, Fco. Javier Fernández Andrade, para que proceda á notificación inmediata do contido da presente acta á autoridade laboral competente, para os efectos legais oportunos.