Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 28 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, publícase mediante este edicto, de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei, o contido das resolucións, contra as cales se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da data desta publicación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da dita Lei 30/1992, poderán comparecer persoalmente, ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, 9-1º andar), para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013

Luis Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesada

DNI/NIE

Nº expediente

Resolución

Concello

María Mercedes Varela Rega

76408239-P

15/047/0002/11

Recurso de alzada estimado

Mesía