Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.
Domicilio social: Pol. industrial Chan da Ponte. Parcela 19. 36450 Salvaterra de Miño.
Denominación: LMTS, CT e RBT Edificio Bimca.
Situación: Salvaterra de Miño.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 240 metros de lonxitude, con orixe no CT Edificio Estero e final no CT Edificio Libertad unha vez entre e saia do CT proxectado Edificio Bimca. Centro de transformación de 630 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado no semisoto do Edificio Bimca, rúa Rosalía de Castro, Salvaterra de Miño. 20 metros de redes de BT, con condutor XZ1.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 21 de febreiro de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra