Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente o proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Porto do Son (expediente IN407A 63/2010).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT e RBT A Devesa.

Situación: concello de Porto do Son.

Características técnicas:

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 0,250 km, con orixe no paso aerosubterráneo que se instalará no apoio existente nº 5/44 da LMT Ribeira-Porto do Son (expediente 3081) e final no CT proxectado, en condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×150 Al.

Centro de transformación (CT) prefabricado A Devesa, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión subterránea (RBTS) de CT A Devesa, cunha lonxitude de 0,112 km, con orixe no CT proxectado, en condutor XZ1-0,6/1 kV 4(1×240) mm².

Liña de baixa tensión aérea do CT A Devesa, cunha lonxitude de 0,410 km, con orixe nos cambios aerosubterráneos das RBTS, en condutores tipo RZ e sobre apoios de formigón. Concello de Porto do Son.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar administrativamente o proxecto da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña