Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8600

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (326/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 326/2011 por instancia de Marcelino Núñez Fernández, José A. Alfonso Calo, Luis Monelos Pan e Santiago Queiruga Mosquera contra a empresa Raymond Cars, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 21 de febreiro de 2013 que copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Marcelino Núñez Fernández, José A. Alfonso Calo, Luis Monelos Pan e Santiago Queiruga Mosquera fronte a Raymond Cars, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Raymond Cars, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Marcelino Núñez Fernández a cantidade de 3.476,54 euros.

• A José A. Alfonso Calo a cantidade de 3.370,35 euros.

• A Luis Monelos Pan a cantidade de 3.406,68 euros.

• A Santiago Queiruga Mosquera a cantidade de 3.475,95 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Raymond Cars, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial