Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8602

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (313/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 313/2011 por instancia de Jesús Iván Caamaño Vecino contra a empresa Demoliciones Expósito, S.L. e o empresario Emilio Expósito Prejomil (desistido), sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 21.2.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase a demanda interposta por Jesús Iván Caamaño Vecino fronte a Demoliciones Expósito, S.L. e Emilio Expósito Freijomil (desistido) e, en consecuencia, condénase a Demoliciones Expósito, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de oito mil douscentos cincuenta e catro euros con dezasete céntimos de euro (8.254,17 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Demoliciones Expósito, S.L. e ao empresario Emilio Expósito Freijomil expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial