Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 7 de marzo de 2013, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-36/2012 por infracción en materia de turismo.

Por esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador OU-S-36/2012, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

A interesada poderá recoller a proposta de resolución, así como acceder ao correspondente expediente, mediante comparecencia nas dependencias desta área provincial; rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, de Ourense.

De acordo co artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, contra esta proposta de resolución poderá, no prazo de quince (15) días contados desde a súa notificación, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue conveniente, ante o instrutor do procedemento.

Expediente: OU-S-36/2012.

Titular sancionado: Cañón do Sil, S.L.

Establecemento: Cañón do Sil.

Domicilio: O Castro.

Localidade: Parada de Sil.

Proposta de resolución: 22 de xaneiro de 2013.

Tipificación da infracción: artigo 110.1) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: mil douscentos (1.200,00) euros.

Ourense, 7 de marzo de 2013

Manuela Penín López
Xefa da Área Provincial de Turismo de Ourense