Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 21 de marzo de 2013 Páx. 8646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución de expedientes tramitados por esta entidade.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que figura nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes están no Servizo de Familia e Menores, da Xefatura Territorial en Vigo.

Nº de expediente: 2003/153-5.

Interesado: Fabricio Iván Herrera Robles.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 4 de xaneiro de 2013.

Vigo, 27 de febreiro de 2013

P.A. (Decreto 109/2012, do 22 de marzo)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa