Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8465

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (931/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 931/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula García Mahía contra a empresa Interfashion Line, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

Acordo:

– Ter por desistido a Paula García Mahía da súa demanda fronte a Interfashion Line, S.L. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

O secretario xudicial