Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica subestación Verín II 132 kV, no concello de Verín (expediente IN407A 2012/30-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: subestación Verín II 132 kV.

Situación: Verín.

Características técnicas:

A subestación está constituída por:

Dous transformadores en intemperie trifásicos en baño de aceite, con radiadores contiguos á cuba; a potencia nominal unitaria é de 30 MVA, con relación de transformación 132/20 kV e regulación en carga (os transformadores trasládanse da subestación actual que se vai desmontar).

Sistema de 132 kV composto por celas blindadas encapsuladas tipo F35-4 con illamento en SF6 que consta de 6 posicións:

– 2 posicións de liña.

– 2 posicións de transformador.

– 1 posición de media tensión de barras.

– 1 posición de acoplamento transversal.

Sistema de 20 kV un conxunto de celas de MT formado por 14 posicións:

– 7 celas de barra dobre, posición de liña.

– 1 cela barra dobre, posición liña con coxerador.

– 2 celas barra dobre, posición transformador.

– 1 cela barra dobre, medida de barras.

– 1 cela barra dobre, posición axuste transversal.

– 1 cela barra dobre, posición servizos auxiliares.

Servizos auxiliares constituídos por:

– 1 cadro de distribución en BT.

– 1 equipo cargador-batería 125 V c.c.

– 1 equipo cargador-batería de 48 V c.c.

– 1 armario UCI (unidade de control integrada).

– 1 equipo de comunicacións.

– 2 transformadores de 160 kVA e R/TR 20.000/420 V.

Orzamento: 3.316.623,00 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das referidas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Ourense, 25 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense