Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8491

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 13 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o proxecto dunha instalación no concello da Coruña (REIG 15/004574).

Para os efectos previstos no punto 4 do artigo 13 do Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban as medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas, sométese a información pública o proxecto da instalación que se describe:

Solicitante: Alcoa Inespal, S.A.

Domicilio social: Pedro Teixeira, 8-3ª planta, Madrid 28020.

Denominación: fabricación de aluminio.

Situación: estrada Baños de Arteixo, 36, A Coruña 15008.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo Monelos, 1ª planta, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto de instalación.

A Coruña, 13 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña