Advertido erro na Resolución do 5 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 6/2013), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 13 de marzo, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 7562, onde di: «Centro de transformación non prefabricado subterráneo, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.», debe dicir: «Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.».