Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8268

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de marzo de 2013 pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro privado Fundación Laboral de la Construcción do concello de Teo (A Coruña).

O representante da titularidade do centro privado Fundación Laboral de la Construcción, do concello de Teo, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Construción; o CM Obras de interior, decoración e rehabilitación e o ciclo formativo de grao superior (CS) Enerxías renovables.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado que se sinala:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Fundación Laboral de la Construcción.

Código do centro: 15032819.

Domicilio: A Póboa 16, Montouto.

Localidade: Os Tilos.

Concello: Teo.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fundación Laboral de la Construcción.

– Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: Edificación e obra civil.

CM Construción (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

CM Obras de interior, decoración e rehabilitación (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

Familia profesional: Enerxía e auga.

CS Enerxías renovables (2 unidades para 20 alumnos/as unidade).

Segundo.

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro.

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria