Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 7199/2012, 7208/2012, 7220/2012, 7221/2012 e 7228/2012, contra a Resolución do 16 de xullo de 2010 pola que se acorda a aprobación definitiva do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do novo hospital de Vigo, concello de Vigo (Pontevedra).

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 7199/2012, interposto por Cándida Domínguez Iglesias; P.O. 7208/2012, interposto por Cándido Alonso Comesaña; P.O. 7220/2012, interposto por María Teresa Estévez Alonso; P.O. 7221/2012, interposto por Manuel Araújo Caride e P.O. 7228/2012 interposto por José Benito Alonso Correa, contra a Resolución do 16 de xullo de 2010, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se acorda a aprobación definitiva do expediente expropiatorio polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do novo hospital de Vigo, Concello de Vigo (Pontevedra).

Para os efectos de cumprir o solicitado nese escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Terceira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o día 1 de febreiro de 2013.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas