Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade ás renovacións das autorizacións ambientais integradas outorgadas a Cerámicas El Progreso, S.A. no concello de Malpica (A Coruña) e a Nestlé España, S.A. no concello de Pontecesures (Pontevedra).

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), artigo 23, número 3, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as cales se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no Diario Oficial de Galicia ás resolucións polas cales se outorga a autorización ambiental integrada para as actividades industriais que se relacionan no anexo, e que se poderán consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/portal/cidadan/lang/gl/pid/2819 ou ben nas dependencias da citada secretaría xeral, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro, s/n, 2º andar.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

– Resolución do 15 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada a unha fábrica de produtos cerámicos situada no concello de Malpica de Bergantiños (A Coruña). Titular: Cerámicas El Progreso, S.A. Clave: 2006/0274_NAA/IPPC_045. Clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-56.

– Resolución do 22 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se renova a autorización ambiental integrada a Nestlé España, S.A., para a planta de tratamento e transformación de leite de Pontecesures (Pontevedra). Clave: 2006/0075_NAA/IPPC. Clave do expediente de renovación: 2012-IPPC-M-52.