Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 19 de marzo de 2013 Páx. 8296

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de marzo de 2013 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as de carreira do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, dos/das aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de decembro de 2010 (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011), e realizado o acto de elección de destino previsto na Orde do 27 de febreiro de 2013 (DOG núm. 45, do 5 de marzo), esta consellería, de conformidade co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Nomear funcionarios/as de carreira do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, os/as aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta orde, ordenados de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran no mesmo anexo, de acordo co acto de elección de destino que tivo lugar o día 7 de marzo de 2013.

Para adquiriren a condición de funcionarios/as de carreira, os/as aspirantes a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Núm.

NIF

Apelidos e nome

Posto

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro destino

Centro directivo

Concello

1

33322813E

Arias López, María Yolanda

2

FCA291000027001003

FC

Xefatura de equipo

A1-A2

25

Delegación Lugo

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Lugo

2

44844797H

Vizcaíno Cordido, Vanessa

7

FCC030000515770011

FC

Xefatura sección

A1-A2

25

S. X. de Coordinación e Relacións co Consello de Contas

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

3

76990792V

Álvarez Figueroa, Sabino

5

FCA291000036001090

FC

Xefatura de equipo

A1-A2

25

Delegación Pontevedra

Axencia Tributaria de Galicia (servizos periféricos)

Pontevedra