Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8245

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública relativo a unha legalización de explotación de vacún leiteiro e construción de fosa de xurro.

Neste concello atópase en trámite expediente promovido por Carlos Belón López para a obtención de licenza de legalización de actividade de explotación de vacún leiteiro e construción de fosa de xurro en San Xillao de Tor.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, co obxecto de que o poidan examinar, na Secretaría do concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Monforte de Lemos, 20 de febreiro de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde