Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8244

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave de vacún, almacén de insumos e balsa para almacenamento de esterco.

Neste concello atópase en trámite expediente promovido por Bruno Rodríguez Pardo para a obtención de licenza de construción dunha nave de vacún e almacén de insumos de explotación e balsa para almacenamento de esterco procedente de explotación vacún, en Fonteca.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, co obxecto de que o poidan examinar, na Secretaría do concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións u observacións que consideren oportunas.

Monforte de Lemos, 20 de febreiro de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde