Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 28 de febreiro de 2013 pola que se lle notifica á empresa Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L. a resolución do contrato de obras para a rehabilitación da capela da Virxe do Carme en Muros (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, coa incautación da garantía definitiva.

O órgano de contratación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante Resolución do 22 de febreiro de 2013, acordou resolver o contrato de obras para a rehabilitación da capela da Virxe do Carme en Muros (A Coruña), por incumprimento do contratista, coa empresa Ecoservicios y Bioconstrucción Atlas, S.L., con incautación da garantía definitiva.

A notificación deste acordo foi intentada pero non foi posible a súa práctica no enderezo que consta no expediente. Polo tanto, conforme o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), mediante esta cédula notifícaselles aos interesados a dita resolución.

En atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, polo que se lles fai saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, nas dependencias do Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, Santiago de Compostela.

Mediante está cédula tamén se cita o contratista para a súa asistencia ao acto de comprobación e medición das obras realizadas, que terá lugar ás 10.00 horas do día 22 de marzo de 2013, conforme o establecido no artigo 222.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público (LCSP).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta notificación. Así mesmo, poderá recorrer contra ela de forma potestativa en reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que comezará a contar o día seguinte ao da publicación desta notificación; neste caso non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto. Todo isto segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria