Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013011AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de febreiro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013011AL-CO incoado a Trebalugue, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Trebalugue, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 25 de febreiro de 2013

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013011AL-CO.

Interesada: Trebalugue, S.L.

DNI/NIF/CIF: B15904691.

Último enderezo coñecido: Doutor Fleming, 24, 15005 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro), artigo 57.2.c).

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigo 50.1.e); artigo 51.1 parágrafo 4º.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007), anexo II, cap. I, apt. 1 e apt. 2.a), b), c) e d) e apt. 10; cap. II.1.a), b), c), d) e) f). Cap. V, punto 1, apt. a), b), c) e d), puntos 2 e 3. Cap. VI, apt. 1, 2 e 3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 600 € (seiscentos euros).