Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8187

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica LMT ao CT A Barxa, no concello de Parada de Sil (expediente IN407A 2012/69-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT ao CT A Barxa.

Situación: Parada de Sil.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV de 34 m, con condutor LA-56 e orixe na LMT REG803 ao CT poboado de Fenosa (32C536) e remate no CT proxectado intemperie sobre poste de formigón, A Barxa, de 100 kVA e R/T 20.000-400-230 V.

Orzamento: 18.243,75 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 21 de febreiro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense