Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/12).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 19, 1º D, 15004 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT en Pazo-Vilaño.

Situación: A Laracha.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 0,024 km de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-OL-12/20 kV-3(1×150 Al), con orixe en arqueta proxectada na canalización pola que discorre a liña existente do CT Vilaño Vello (expediente 206/2006), e final no paso aero-subterráneo que se realizará no apoio proxectado de tipo C-16/3.000, que se intercalará na LMT Areosa-Montes Claros (expediente 52.080).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña