Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Luns, 18 de marzo de 2013 Páx. 8176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Daorje Medioambiente, S.A.U. para o vertedoiro de residuos non perigosos, e a súa modificación, no concello de Cerceda (A Coruña). Nº de autorización 2006/0346_AIA/IPPC_231. Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-68.

Con data do 5 de agosto de 2010 outorgouse a Daorje Medioambiente, S.A.U. a autorización ambiental integrada nº 2006/0346_AIA/IPPC_231 para o vertedoiro de residuos non perigosos localizado no concello de Cerceda (A Coruña), da cal é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de tres anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou no 10 de agosto de 2010.

No artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se for o caso, actualizada.

Paralelamente ao procedemento de renovación, Daorje Medioambiente, SAU, en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), comunicou á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a pretensión de levar a cabo unha modificación no vertedoiro de residuos non perigosos consistente na construción e explotación dun novo vaso.

A modificación considerouse substancial. Este feito implica que para o seu desenvolvemento debe obterse unha nova autorización ambiental integrada, cuxo procedemento está regulado na citada Lei 16/2002.

Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (BOE nº 23, do 26 de xaneiro), e no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que polo espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación e modificación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Renovación de autorización ambiental integrada para o vertedoiro de residuos non perigosos en Areosa (Cerceda-A Coruña). Revisión 2013.

– Proxecto de ampliación do vertedoiro de residuos non perigosos en Areosa (Cerceda-A Coruña). Revisión 2013. Tomo I: Memoria e planos.

– Proxecto de ampliación do vertedoiro de residuos non perigosos en Areosa (Cerceda-A Coruña). Revisión 2013. Tomo II: Prego de condicións, orzamento e estudo de seguridade e saúde.

– Estudo de impacto ambiental. Ampliación do vertedoiro de residuos non perigosos en Areosa (Cerceda-A Coruña). Revisión 2013.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Vicente Ferrer, 2. 15008 A Coruña).

– Concello de Cerceda (avenida do Mesón, s/n. 15185 Cerceda).

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental