A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación das ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de Biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso: Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
3. Data: os días 9, 10 e 11 de abril de 2013.
4. Lugar de celebración: Casa da Cultura de Sarria. Rúa Marqués de Ujena, s/n, 27600 Sarria (Lugo).
5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo do anexo.
9. Programa:
Día 9.4.2013 |
|
8.30-9.30 h |
Introdución. Lexislación. |
9.30-11.30 h |
Praguicidas. Descrición e xeralidades. |
11.30-11.45 h |
Descanso. |
11.45-13.45 h |
Xeralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria. |
13.45-14.00 h |
Descanso. |
14.00-16.00 h |
Métodos de loita antivectorial. |
Día 10.4.2013 |
|
8.30-9.50 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
9.50-11.10 h |
Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases. |
11.10-12.30 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
12.30-12.45 h |
Descanso. |
12.45-14.15 h |
Preparación de disolucións de produtos. |
14.15-14.30 h |
Descanso. |
14.30-16.00 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas. |
Día 11.4.2013 |
|
8.30-10.30 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
10.30-12.30 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas. |
12.30-12.45 h |
Descanso. |
12.45-13.45 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas. |
13.45-14.00 h |
Descanso. |
14.00-15.00 h |
Resolución de exercicios prácticos. |
15.00-16.00 h |
Avaliación tipo test. |
10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas Nivel basico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: os días 9, 10 e 11 de abril de 2013.
Lugar de realización do curso: Casa da Cultura de Sarria. Rúa Marqués de Ujena, s/n, 27600 Sarria (Lugo).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 8.30 ás 16.00 horas.
Nº de prazas: máximo 25 alumnos.
Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 2 de abril de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45. Correo electrónico:
saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
Nome: |
Apelidos: |
|
Cargo/actividade desempeñada: |
||
Empresa: |
Sector actividade: |
|
Enderezo: |
CP: |
|
Localidade: |
Provincia: |
|
Telefono: |
Fax: |
Correo electrónico: |