Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8039

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de marzo de 2013 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 4149/2012, seguido pola Asociación Salvemos Pontevedra, contra a resolución do expediente P-UL-76.03/11.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co procedemento ordinario 4149/2012, interposto pola Asociación Salvemos Pontevedra, contra a resolución do expediente P-UL-76.03/11, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, ao existir unha pluralidade a priori indeterminada de interesados, propietarios de vivendas e locais do edificio situado no Paseo da Praia de Silgar, 28-30, esquina rúa Vidal Rocha, do concello de Sanxenxo, mediante esta publicación emprázanse para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística