Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 8001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 960/2012, de 31 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 26 de xullo de 2012, pronunciou a sentenza número 960/2012, ditada no procedemento ordinario 4021/2010, interposto por José Mª Vidal Gómez de Travecedo e a comunidade de propietarios do edificio nº 41-43 do Camiño de Besugueira, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por José María Vidal Gómez de Travecedo e a Comunidade de Propietarios do edificio n° 41-43 do Camiño de Besugueira contra a Orde do 30 de outubro de 2009 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pola que se deu aprobación definitiva parcial ao Plan xeral de ordenación municipal de Laxe, e anulamos a dita resolución, por ser contraria a dereito, en canto clasifica como solo rústico de protección de costas os terreos situados ao norte do ámbito M-01, clasificados nas anteriores NN.SS. como solo urbano residencial denso e declaramos que deben ser clasificados como solo urbano consolidado. Non se fai imposición de custas.

Esta sentenza é susceptible do recurso ordinario de casación do artigo 86 da LXCA de 1998, que deberá preparase por escrito que se presentará nesta sala no prazo de dez días.

Unha vez que sexa firme, devólvase o expediente administrativo ao seu centro de procedencia, xunto con certificación e comunicación.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo