Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Venres, 15 de marzo de 2013 Páx. 7779

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 5 de marzo de 2013 pola que se nomea un novo membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica constitúen órganos especializados aos que lles corresponde emitir informe sobre todos aqueles ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial.

Con carácter xeral, os ensaios clínicos e os comités éticos de investigación clínica regúlanse na nosa Comunidade Autónoma no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, polo que se regula a realización de ensaios clínicos na Comunidade Autónoma de Galicia, ademais de polo Real decreto 223/2004, do 6 de febreiro, polo que se regulan os ensaios clínicos con medicamentos.

O Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia creouse pola Orde do 11 de xullo de 1996, a cal dispón no seu artigo 3 que a composición do dito comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e os seus membros deberán ser nomeados por orde da Consellería de Sanidade.

De acordo co anterior, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 2/2007, do 27 de xullo, e conforme o establecido no artigo 3 da Orde do 11 de xullo de 1996,

DISPOÑO:

Artigo único

O nomeamento como membro externo do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia de Andrés Torres Queiruga, doutor en Filosofía.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade