Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución do expediente INC-PO-0103/2012-LSA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada relativo ao procedemento INC-PO-0103/2012-LSA.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Organización e Control de Medios da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situadas en San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá a interesada interpor recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: INC-PO-0103/2012-LSA.

Interesada: Mª Carmen Bautista Faro.

Acto de notificación: resolución de recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: r/ Virgen de los Remedios, 27, 36860 Ponteareas (Pontevedra).