Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7707

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de imposición de primeira multa coercitiva no procedemento sancionador INC-LU-0074/2011-SUB.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70 (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Lugo, 26 de febreiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: INC-LU-0074/2011-SUB.

Persoa interesada: José Méndez Viqueira.

Acto notificado: resolución de imposición de primeira multa coercitiva.