Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o trámite de audiencia realizado a un afectado como consecuencia da modificación do expediente de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia realizado como consecuencia da modificación do expediente de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo), por ser devolto polo servizo de Correos.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rolda da Muralla 70, 1º, baixo, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado trámite de audiencia e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio enviarase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Lugo, 25 de febreiro de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Interesado: Ángel Mandiá Cillero.

Último enderezo coñecido: rúa das Rochas, 7, Dorneda, Oleiros (A Coruña).

Acto notificado: tras ver o escrito presentado por Julia Cillero Eijo con data de rexistro de entrada no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo 20.1.2012, en resposta ao trámite de audiencia realizado, este servizo, en exercicio das súas competencias, realiza trámite de audiencia para que no prazo de 10 días contados desde o seguinte á recepción da presente comunicación, manifeste por escrito o que teña por conveniente en relación coa proposta que abaixo se recolle.

Advírteselle expresamente que, para o caso de non facer ningún tipo de manifestación, se presumirá a súa conformidade coa proposta formulada.

Propuesta de modificación: dar de alta como propietario na zona de concentración parcelaria de Val de Alfoz (Alfoz-Lugo) a Julia Cillero Eijo como achegante da parcela de bases definitivas nº 1/338, que se dá de baixa no boletín de achegas do propietario 808 (Ángel Mandía Cillero e outras).

Adxudicarlle a Julia Cillero Eijo 2.350 m2 e 199.750 puntos de valor que se detraen do predio de substitución nº 1/193 e se dan de alta na súa ficha co número 2832 de predio. O predio nº 193 queda con 6.254 m2 e 481.710 puntos de valor.