Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade da Resolución do 19 de febreiro de 2013, do director xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se prorroga a toma de posesión provisoria dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Budiño II (O Pino-A Coruña).

O 19 de febreiro de 2013 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a resolución de prórroga da toma de posesión provisoria dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Budiño II (O Pino-A Coruña), que se transcribe a continuación:

Autorizada a toma de posesión dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Budiño II (O Pino-A Coruña) o 22 de outubro de 2012, que foi obxecto de publicación na forma legalmente prevista, e visto o informe emitido polo Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias da Coruña, esta dirección xeral resolve:

Prorrogar ata o 7 de abril de 2013 a toma de posesión provisoria dos predios de substitución da zona de concentración parcelaria de Budiño II (O Pino-A Coruña) e autorizar a Xefatura Territorial desta Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña para que se publiquen os correspondentes avisos, na forma legalmente prevista.

A Coruña, 25 de febreiro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña