Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2013/18).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, nº 17, local 62, Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CT, Ingapán-CS Guntín (San Martiño-Cerceda).

Situación: Cerceda.

Características técnicas:

– LMT subterránea CT Ingapán-CS Guntín.

Inicio liña (UTM): cela de liña existente en CT Ingapán (expediente 2005/588) (UTM: 542.850; 4.780.511).

Final liña (UTM): cela de liña existente no CS Guntín (expediente IN617B 2007/188), despois de realizar entrada e saída no CS Acevedo II proxectado e nos centros de seccionamento Conservera (expedienteIN407A 2009/565) e biodiésel (expediente IN617B 2008/112) (UTM: 542.565; 4.780.277).

Lonxitude: 1.064 metros.

Categoría: terceira.

Condutor: RHZ1-2 OL-18/30 kV-3 (1×150 Al).

Tensión nominal: 20 kV.

– Centro de seccionamento Acevedo II.

Tipo: centro de seccionamento en caseta de obra civil.

Aparamenta MT: celas con illamento en SF6.

Esquema do centro: 3L.

Tensión nominal: 20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de febreiro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña