Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Xoves, 14 de marzo de 2013 Páx. 7694

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 2013007TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 10 de xaneiro de 2013, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2013007TA-OU, a Francisca Rosario Parra, titular do establecemento Café Bar Sótano NIE Y1390284V, con domicilio na rúa Toscaña, 16, baixo, 32500 O Carballiño (Ourense). Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Francisca Rosario Parra, titular do establecemento Café Bar Sotano NIE Y1390284V, con domicilio na rúa Toscaña, 16, baixo, 32500 O Carballiño (Ourense), o dito acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 18 de febreiro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2013007TA-OU.

Denunciado: Francisca Rosario Parra, titular do establecemento Café Bar Sótano.

Documento de Identificación: NIE Y1390284V.

Último enderezo coñecido: rúa Toscaña, 16, baixo, 32500 O Carballiño (Ourense).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.3.b) en relación co seu artigo 7.u) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco, modificada pola Lei 2/2006, do 10 de febreiro (BOE nº 36, do 11 de febreiro) e pola Lei 42/2010, do 20 de decembro (BOE nº 318, do 31 de decembro).

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).