Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7610

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública relativo a un hotel de dúas estrelas (expediente 11/0103U).

José Antonio Díaz Coello solicitou licenza de reforma interior dunha edificación para ser destinada a hotel de dúas estrelas que se situará na rúa Ferrador, A Ramallosa, San Pedro, Nigrán (expediente 11/0103U).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no rexistro xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 31 de agosto de 2012

Alberto Valverde Pérez
Alcalde