Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7608

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (As-7/2013).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Departamento de Contratación. b) Número de expediente: As-7/2013.

2. Obxecto do contrato: servizo de desenvolvemento de accións de orientación laboral e creación de Aula de Emprego no barrio Agra do Orzán, no marco do programa Urbana-C (proxecto de rexeneración integral do Agra do Orzán), cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder da Unión Europea.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 600.000 € (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (Perfil do contratante): www.coruna.es.
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou no Perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de marzo de 2013

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública