Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7466

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 8 de xaneiro de 2009, pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 11, do 16 de xaneiro), e no Real decreto 259/2002, do 8 de marzo, polo que se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE núm. 61, do 12 de marzo), esta dirección xeral, no uso das facultades que lle confire o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e do Fondo Galego de Garantía Agraria (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), convoca exames teóricos e prácticos ordinarios para a obtención dos títulos de patrón/patroa para navegación básica, patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate, capitán/á de iate, patrón/patroa de moto náutica A e patrón/patroa de moto náutica B, de acordo coas seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais.

Os exames teóricos e prácticos organizaranos aqueles tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007, pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo-pesqueiras e náutico-deportivas (DOG núm. 243, do 18 de decembro).

2. Solicitudes.

Os/As candidatos/as solicitarán a súa admisión ao exame teórico ou práctico mediante a instancia dirixida ao/á presidente/a do tribunal do centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame, completando o modelo de solicitude do procedemento PE616C que figura como anexo II da Orde do 8 de xaneiro de 2009. O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, nas xefaturas territoriais, nas xefaturas de Coordinación da Área do Mar, nas xefaturas comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar e tamén na Guía de procedementos e servizos en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a) Unha fotografía recente tamaño carné.

b) O consentimento expreso para comprobar os datos de identidade mediante consulta ao sistema de verificación de datos, de acordo co Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos, e coa Orde do 7 de xullo de 2009, pola que se desenvolve o antedito decreto. De non dar este consentimento, achegarase unha copia do DNI ou NIE.

c) Recoñecemento psicotécnico, no caso de que sexa necesario, de acordo co disposto na Resolución do 11 de xaneiro de 2010, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, sobre a acreditación da aptitude psicofísica para o manexo de embarcacións de lecer (BOE núm. 40, do 15 de febreiro).

Non será necesario realizar o dito recoñecemento se transcorreu un período menor de dous anos desde a data de obtención ou renovación de calquera título, ou desde a realización de calquera outro exame de titulacións náuticas de lecer.

d) Acreditar o pagamento das taxas.

As taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer, segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro de 2004), e na Lei 2/2013, do 27 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 (DOG núm. 42, do 28 de febreiro), son as seguintes:

d.1. Exames teóricos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 29,45 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 37,91 €.

– Patrón/patroa de iate: 53,11 €.

– Capitán/á de iate: 64,45 €.

– Patrón/patroa de moto náutica A ou B: 28,60 €.

d.2. Exames prácticos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 73,59 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 73,59 €.

– Patrón/patroa de iate: 110,40 €.

– Capitán/á de iate: 110,40 €.

e) Os/As candidatos/as que se presenten ao exame teórico ou práctico de patrón/patroa de iate ou de capitán/á de iate deberán achegar copia de estar en posesión do título anterior, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Os/As candidatos/as que teñan superada unha parte do programa de patrón/patroa de iate ou de capitán/a de iate fóra da Comunidade Autónoma de Galicia deberán achegar coa solicitude de exame a copia do certificado orixinal do último exame realizado e solicitar a validación das materias aprobadas en anteriores convocatorias.

g) Soamente, por enfermidade, se poderán realizar cambios de matrícula para presentarse ao exame teórico ou práctico no ano 2013 cando resulte debidamente xustificada e dentro do prazo dos tres días hábiles seguintes á data de realización do exame. Neste caso, os/as alumnos/as conservarán os dereitos de exame para a convocatoria do ano 2013 que figuran no anexo II.

h) Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición nos exames, farase pública a listaxe provisional do alumnado admitido e excluído na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar http://www.medioruralemar.xunta.es e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado excluído poida emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Achega de solicitudes.

As solicitudes para tomar parte nos exames teóricos e prácticos poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde o/a alumno/a se examina, ou ben nos lugares indicados no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

4. Lugares e datas de exame.

Os exames teóricos e prácticos realizaranse nas datas e nos centros que figuran no anexo II desta resolución. As horas de inicio dos exames teóricos e prácticos serán anunciadas polo/a presidente/a do tribunal no taboleiro de anuncios de cada centro e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

5. Tribunais.

Os tribunais para a realización das probas serán nomeados pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, unha vez coñecido o número de candidatos/as presentados/as aos exames nas distintas titulacións.

6. Desenvolvemento das probas.

6.1. Rematados os exames teóricos, o/a secretario/a do tribunal dará publicidade no taboleiro de anuncios do centro da folla coas respostas correctas, co fin de que os/as interesados/as poidan comprobar o resultado do seu exame.

6.2. Realizadas as probas de seguridade e navegación do exame práctico, o/a presidente/a do tribunal comunicaralle ao/á interesado/a o seu resultado coa cualificación de apto/a ou non apto/a.

Unha vez corrixidos os exames teóricos e realizadas as probas prácticas, o tribunal fará públicas no taboleiro de anuncios do centro as listas provisionais das cualificacións, así como na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

6.3. Os/as interesados/as disporán dun prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións contra as cualificacións provisionais. As reclamacións irán dirixidas ao tribunal.

6.4. Unha vez resoltas, de ser o caso, as reclamacións presentadas, o presidente do tribunal elevaralle á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro á listaxe coas cualificacións definitivas, esta ditará resolución coa relación dos/das aspirantes que superaron as probas. Esta resolución será publicada no taboleiro de anuncios do centro, así como na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

6.5. Contra as cualificacións definitivas os/as interesados/as poderán interpor recurso de alzada perante o secretario xeral do Mar, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva coas cualificacións obtidas polos/as aspirantes.

7. Contra a presente resolución os/as interesados/as poderán interpor recurso de alzada perante o secretario xeral do Mar, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2013

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO II
Convocatoria de maio
Matrícula

Do 1 de abril ao 17 de abril, ambos inclusive.

Titulación

Exame teórico

Exame práctico

Centros de ensino onde se realizarán
os exames teóricos e prácticos

Patrón/patroa para navegación básica

20 de maio

30 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf. 986 23 56 09)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (r/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf. 981 37 01 79)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (r/ Praia de Coroso, s/n, 15960 Ribeira. Teléf. 981 87 44 76)

Patrón/patroa de embarcacións de lecer

21 de maio

30 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/patroa de iate

22 e 23 de maio

30 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Capitán/á de iate

27 e 28 de maio

30 e 31 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Patrón/patroa de moto náutica A ou B

29 de maio

30 e 31 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Convocatoria de setembro
Matrícula

Do 15 de xullo ao 1 de agosto, ambos inclusive.

Titulación

Exame teórico

Exame práctico

Centros de ensino onde se realizarán
os exames teóricos e prácticos

Patrón/patroa para navegación básica

3 de setembro

12 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf. 986 23 56 09)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (r/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf. 981 37 01 79)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (r/ Praia de Coroso, s/n, 15960 Ribeira. Teléf. 981 87 44 76)

Patrón/patroa de embarcacións de lecer

4 de setembro

12 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/patroa de iate

5 e 6 de setembro

12 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Capitán/á de iate

9 e 10 de setembro

12 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

missing image file
missing image file