Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Mércores, 13 de marzo de 2013 Páx. 7597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 20 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, para a publicación de notificacións de recursos de alzada.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 61 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións dos recursos de alzada instados polas interesadas, publícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos interpostos, cos efectos que se sinalan ao pé deste edicto.

Vigo, 20 de febreiro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: María Ángeles Nogueira López.

DNI: 35999655D.

Resolución: desestimación do recurso.

Efectos:

– Pon fin á vía administrativa de acordo con artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Nome e apelidos: María Efigenia Morales Toro.

DNI: 74955052F.

Resolución: estimación do recurso.

Efectos:

– Pon fin á vía administrativa de acordo con artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

– Poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.